Outro fin de semana perfecto de deporte e natureza o dos pasados 15 e 16 de Marzo, no fermoso entorno de Mondoñedo e Lourenzá, visitando ós nosos compañeiros mindonienses do EspeleoClub Rei Cintolo, e compartindo con eles risotadas, amizade e aventuras verticais, con días de sol, desfrutando na mañá do Sábado da
Cova do Rei Cintolo , e descendendo cos compañeiros
cintolos por primeira vez os fermosos canóns da súa localidade, o
Canón do Figueiras e o
Canón de Guilifonso.
De fondo, o ruxir dos motores das moitas motos que participaban nunha mítica concentración
moteira os mesmos días polo Concello de Mondoñedo.
SABADO:
|
Os participantes da mañá do Sábado diante da entrada da Cova do Rei Cintolo |
O Sábado chegamos cedo a
Cova do Rei Cintolo, e un candado novo do
cal non tiñamos chave, retrasou a nósa entrada na cavidade, tendo que
vir a abri-lo un dos policías locais, que subiu a empinada
costa, e case sen alento buscou entre varias chaves a que nos permitiría
acceder ó fin a percorrer este labiríntico paisaxe soterrado, continuando deste xeito a
exploración e descensos nunha zona non topografiada de fervenzas e pozos en dirección a Zona Nova.
PARTICIPANTES: David, Quique, Sonia, Eva y Richard.
Aquí vos deixamos algunhas fotos da mañá espeleolóxica...
Imaxe superior:
...pasamáns aproveitando un natural da cavidade e abaixo: descendendo un dos pozos...
...Eva progresando nunha das moitas e sinuosas galerías...
David preparando o descenso ó seguinte pozo, e abaixo...
...a foto do encaixado e último pozo que precisou dun paquete de
Clinex para salvar a rozadura cunha arista da rocha...
...e chagamos a un punto no que xa non se pode avanzar máis o non coller unha persóa miúda sen traballos intensos de cantería, malia ver un rego ó fondo entre as fendas...
... que non nos sacan as ganas de continuar... pero o tempo apremia!
Saímos da cavidade á hora do xantar e baixamos
o Valeco, repoñendo forzas e case sen asentar moito a comida, proseguimos cos amigos locais á procura dun dos canóns que equiparon fai anos os integrantes deste Espeleoclube mindoniense, o
FIGUEIRAS, barranco cun tramo seco e outro acuático, desfrutando do seu descenso con tres socios
cintolos de Foz, e estas son algunhas imaxes desta tarde tan vertical, comezando polo momento do encontro...
PARTICIPANTES Cintolos e Troglobios: David, Quique, Sonia, Yoel, Juan, Sandra, Eva y Richard
Subimos o cumio onde se atopa a primeira reunión para comezar a rapelar grandes bolos graníticos...
Lanzamos e preparamos as cordas para encadenar os rapeles!
O grupo ultimando os equipos persoais...
E un tras outro, comezamos a descender en rápel...
Abaixo, Sonia sacando un cordino en estado precario nunha instalación, e sustituíndoo por unha cinta noviña...
E coma Lemings, todos baixando novamente ata tocalo chan...
Juan e Sandra nas imaxes superiores!
Arriba: Seguimos avanzando ata chegar a un oscuro e pequeno rapel en volado...
Aquí Eva descendendo outro dos rapeles en doble...
...O verxel que atopamos mentras nos achegamos o río...
E máis descensos para continuar polo Figueiras...
David na reunión cos amigos de Foz...
E a chegada o río e o escape pola esquerda!...
|
Esta é a foto da fermosísima fervenza que posúe este río... |
O escape polo monte, é unha dura subida para chegar o coche, pero ben compesada pola tarde que pasamos polo lugar, e o gran desfrute dos descensos!
DOMINGO:
Facemos noite en Lourenzá co noso amigo Quique, e espertamos cedo o Domingo para preparanos e coller comida, pois fica nunha Serra próxima o canón que imos descender en invernal, o
GUILIFONSO. Agardamos a David do Rei Cintolo e a Encarna de Troglobios que se achega dende Miño, e comeza a diversión!
Esta é a imaxe da paz e tranquilidade do río, nunha escena bucólica antes de entrar no meollo!
Os Participantes no descenso do Guilifonso: Eva, Quique, Encarna, Richard, e David (esq. a der.)
....Imaxe da aproximación ascendendo por camiños...
O grupos cos derradeiros preparativos ante a primeira cabeceira...
Abaixo David preparando un rápel guiado, polo gran caudal do río que se tornaba perigoso nalgunhas marmitas e zonas encaixonadas...
...A rampa anterior ó rápel guiado, evitando a forza do río nun estreito canal que levaba moita forza.
...Encarna comezando a baixar, Quique descendendo por arriba, e Richard na reunión...
David facendo un pasamáns para desprazar a cabeceira e evitar a gran masa de auga que proxectaba este salto de auga....
Seguimos progresando polo Guilifonso!
Abaixo Eva e Encarna no pasamáns...
...Encarna e Richard a remollo..
E aquí descéndese en dous rápeles un gran desnivel e incríbles fervenzas cargadiñas de auga para desfrute do personal, e probando os tobogáns...
Quique no final do descenso...
A impresionante vista dos verticais e continuados saltos de auga nesta imaxen de abaixo!
E últimos rápeles e saltos a pozas ata chegar río abaixo á ponte onde temos un dos vehículos...
Paraíso de musgos e fervenzas... Galicia en estado puro!
...David preparando o salto...
e se queredes máis...
...NON VOS PODEDES PERDER O VIDEO EDITADO DE ESTE DESCENSO DO GUILIFONSO NA PROXIMA ENTRADA!!!!
*Grandes Apertas e agradecementos novamente ós nosos compañeiros do Espeleoclube Rei Cintolo, por acollernos coma irmáns, e amosarnos os séus tesouros naturais! Grazas!!!!