INFORMACIÓN PUBLICADA POLO CONCELLO:
O Concello de Cambre organizará o vindeiro día 16 de xuño o I Día do Deporte na Rúa. O centro de Cambre vivirá unha xornada deportiva na que estarán presentes modalidades como o judo, tenis de mesa, fútbol, baloncesto, hockey, escalada, xadrez, tiro con arco, xincana, béisbol, chave, minitenis.
O edil de Deportes, Brais Cubeiro, asegura que trátase dunha xornada lúdica para todas aquelas persoas que se acheguen ao centro de Cambre onde poderán realizar desde una escalada, ciclismo, judo, baloncesto, ou un túnel de bateo, entre outras moitas modalidades”.
O departamento de Deportes conta coa inestimable colaboración das entidades deportivas locais.
O Concello distribuirá tarxetón no que os particpantes poderán selar os deportes que practiquen durante a xornada e ao rematar o evento entregaráselles un agasallo.
Non hai preinscripción polo que apoderan participar todos aquelas persoas que o desexen. A actividade terá lugar no campo da feira, parque da igrexa, praza Europa, e pista polideportiva do CEIP Wenceslao.
Fuente: Concello de Cambre
DÍPTICO:
Os socios Troglobios temos a misión de amosar a veciños e participantes que aínda non coñecen os Deportes de Aventura que practicamos, a técnica de Escalada e o material necesario que empregamos nunha zona habilitada. Tentaremos ensinar o apasionante, saudable e gratificante que poden chegar a ser as nosas modalidades, e poderemos practicar as dos outros Clubs e Asociacións.
Se tedes a roupa de Troglobios levádea posta, levaremos máis por se alguén ainda non a ten e quere mercala. A Xornada de Deporte na Rúa será de 11 a 14. Pola tarde podemos facer unha rutiña polo río para baixar a comida, ou un Geocaching no Concello.
Felicitar dende Troglobios a iniciativa deste tipo de eventos a conselleiros e responsables, por ser o 1º que se organiza desta índole no noso Concello de Cambre. Demostran boas ideas e compromiso cas Asociacións e entidades como a nosa, así que a nosa noraboa a departamentos como Deportes e Cultura, Omix, etc., que apostan e traballan por unha sociedade en Cambre máis activa, curiosa, e moderna. Moi comprometidos cos Deportes de sempre, e tamén cos que experimentan un auxe ano tras ano en practicantes e federados, como a Escalada, o Descenso de canóns, e outros Deportes de Montaña, como no noso caso.
Apertas! e nos vemos este Sábado as 11:00 en Cambre!